ATA SEMPRE !!!

Estimadas familias, quérovos trasladar o meu agradecemento polo voso esforzo, axuda e colaboración ao longo deste curso e do tempo que durou esta inesquencible etapa de aprendizaxe xunto aos vosos fillos e fillas. Contar convosco, como parte importante desta difícil, pero preciosa tarefa de educar, fixo a diferenza, non só nos resultados alcanzados polos nenos e nenas, senón na súa preparación para o camiño da vida. Grazas!!!

 Grazas aos meus alumnos e alumnas que agora rematan 6º e que na súa graduación tiveron a xenerosidade de darme unhas palabras tan emotivas de recoñecemento do tempo que pasamos xuntos e que o plasmaron nuns debuxos que me chegaron ao corazón. Xa os gardo coma un tesouro.


 Grazas aos meus alumnos e alumnas de 4º, polas súas apertas e pola súa emoción, que tan ben pintaron nunhas láminas marabillosas e que xa forman parte do libro "Debuxos para Graci" que con tanto agarimo preparou a miña querida compañeira Encarna.


 Grazas ás miñas compañeiras e compañeiros polo seu apoio en estes oito anos de traballo. Formamos un bo equipo e vos desexo o mellor nesta nova etapa.


 E para rematar quixera mencionar de maneira moi emocionada e especial, aos meus nenos e nenas de 2º, Pau, Zeltia, Carolina, Nerea, Sarai Clara, Sabela, Silvia, Uxía, Ximena, Mateo e Diego, dos que tanto aprendín en estes dous cursos. Grazas a tod@s, porque a vosa calidade humana permitiume crecer como persoa ao voso lado.
 Non vos esquezas nunca de perseguir os vosos soños e de recordar que o éxito persoal, sempre depende de saber escoitarnos e respectarnos a nós mesmos, porque así saberedes respectar e escoitar ás outras persoas. Sempre adiante!!!

Querido colexio de Andrade, marcho, pero xa formas parte da miña vida e para min será imposible contar a miña historia sen dicir: "Eu fun profesora dun colexio, onde cada día nacía un soño".


Ata sempre!!!


 Educar es lo mismo 
que poner un motor a una barca…
 Hay que medir, pensar, equilibrar… 
y poner todo en marcha.

 Pero para eso, 
uno tiene que llevar en el alma 
un poco de marino…
 un poco de pirata… 
un poco de poeta…
 y un kilo y medio de paciencia 
concentrada.

 Pero es consolador soñar, 
mientras uno trabaja, 
que ese barco, ese niño, 
irá muy lejos por el agua.
 Soñar que ese navío
 llevará nuestra carga de palabras
 hacia puertos distantes, 
hacia islas lejanas. 
 Soñar que, cuando un día
 esté durmiendo nuestra propia barca, 
en barcos nuevos
 seguirá nuestra bandera
 enarbolada. 

 Gabriel Celaya

2009-2017
2015-2017

2013-2015
2011-2013
2009-2011

FIN DE CURSO 2016-2017

Este día tan especial para todos e todas, entregamos as notas e fixemos xogos tradicionais divertidos. Non faltou un momento para degustar unha morea de chuches.

LOLO ANDA EN BICICLETA DE CARLOS CASARES LETRAS GALEGAS 2017



  Os nenos e nenas de 2º fixemos una presentación con debuxos e as nosas voces, da lectura da obra Lolo anda en bicicleta que se editou en 1996 con debuxos de Manuel Uhía, quen recibiu o Premio Rañolas ao libro mellor ilustrado. Foi traducido ao valenciano, o catalán e o euskera.
 Este libro infantil de Carlos Casares é un canto á liberdade e ao goce das cousas máis sinxelas: un paseo en bici, unha boa receita, a familia…
 Lolo quere que os Reis lle traian unha bicicleta, pero por máis que o intenta non o consegue. Así que decide empezar a practicar na do seu pai, Faino ás agachadas, no garaxe, e acaba por converterse nun fenómeno.
 ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!!!!!!  🌞
Tamén presentamos o comic: "Comic San de Andrade", elaborado por todo o alumnado do centro en torno ao PDI do colexio para este curso: "HABITOS SAUDABLES".
Para rematar as actividades de conmemoración do Día das Letras Galegas 2017, interpretamos a canción "Chea de vida" de "Gaudi Gaelgo" e finalizamos cantando o "Himno de Galicia"

EXCURSIÓN AO MUIÑO DO PEDROSO

Pasamos un día marabilloso na Granxa no medio da natureza e gozando cos talleres de pegadas de animais e de sales para o baño moi olorosas. Xantamos cerca do río e baixo as árbores, compartindo cos compañeiros e compañeiras do colexio. Quedamos convidad@s para a próxima!!