CELEBRANDO AO POETA MANUEL MARÍA, LETRAS GALEGAS 2016


Este curso comezamos o noso traballo, facendo unha saída escolar á Casa Museo do gran poeta Manuel María, onde lle rendemos unha homenaxe recitando unha das súas poesías "A Natureza" e tamén cantando cancións que se fixeron cos seus poemas. Foi unha experiencia marabillosa e emocionante que non imos esquecer nunca. Tamén visitamos unha Olería onde nos explicaron como se fan os diferentes obxectos tradicionais da nosa terra mediante o traballo dos oleiros e oleiras da Terra Chá.
O xantar fixémolo nun lugar precioso, a Carballeira de Santa Isabel e puidemos gozar do paso mainiño do río Miño. Que ben o pasamos!!! 
Para rematar fomos coñecer a Lagoa de Cospeito, un humedal dos máis importantes da nosa Galicia.
O día non puído ser mellor, compartindo coas compañeiras e compañeiros aprendendo a nosa cultura e valorando a beleza da nosa paisaxe.


MANUEL MARÍA
CASA MUSEO DE MANUEL MARIA EN OUTEIRO DE REI

CASA MUSEO DE MANUEL MARIA EN OUTEIRO DE REI

NO ESTUDO DO GRAN POETA


OLERÍA DE BONXE

VENDO O TRABALLO DA OLEIRA PEPA LOMBAO
CARBALLEIRA DE SANTA ISABEL
CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA LAGOA DE COSPEITO
MIRADOR DA LAGOA
AVISTAMENTO DE AVES NA LAGOA

Ningún comentario:

Publicar un comentario