FESTA FIN DE CURSO 2015-2016

Este ano rematamos o curso cunha festa organizada pola ANPA en colaboración co colexio e divertímonos moito coa escuma, os inchables e as actividades que fixemos. Tamén asistimos as graduacións dos compañeiros e compañeiras de 6º de infantil e primaria que remataban as súas diferentes etapas e houbo fotos, cantigas e agasallos. Agora a gozar dunhas merecidas vacacións, sen esquecernos de repasar o que estudamos en 1º, porque en setembro comezamos unha nova andadura chea de retos. Bicos e agarimos!!!

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO ÁS FRAGAS DO EUME

As Fragas do Eume son un parque natural galego creado o 30 de xullo de 1997 e que abrangue 9.126 hectáreas nas beiras do río Eume. Son as fragas costeiras mellor conservadas de Europa, e un dos poucos bosques do seu tipo que quedan no continente Esténdese polos concellos de Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez. O bosque tradicional atlántico conservouse na zona en todo o seu esplendor, sendo consideradas as fragas como un dos mellores bosques atlánticos do continente europeo, existindo raras especies de felgos que habitaban a terra hai millóns de anos. A excursión de Fin de Curso fixémola a este paraíso que temos na nosa contorna. Un lugar marabilloso pola súa riqueza de fauna e flora, pero tamén cheo de paz e de beleza. Nós fomos polos carreiros á beira do río e pasámolo día comendo ao aire libre e facendo xogos e debuxos. Xa queremos volver!!!!

O CUMPRE DE SABELA

O cumpre de Sabela foi o último deste curso escolar e celebrámolo con moito entusiasmo e agarimo. Cos seus estreados sete anos, Sabela entra no club dos "maiores". Moitas felicidades!!!

LECTURAS PARA O VERÁN

Raioteca mándanos esta mensaxe do EMPRÉSTITO DE VERÁN: Todo o alumnado de Primaria poderá levar libros en préstamo para o verán, e terá que devolvelos ao comezo do vindeiro curso 2016/2017, dentro da mesma bolsa no que lle foron entregados. LER É CRECER

LENDO POR FÓRA. MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES

O alumnado do 3º ciclo e de 4º curso de Primaria compartiu lecturas coas nenas e nenos de Educación Infantil, 1º ciclo e 3º curso de Primaria. Os padriños e madriñas prepararon o conto que nos iban ler e ao día seguinte, na "Hora de Ler", viñeron á nosa aula a buscarnos. A experiencia foi moi gratificante. LER É CRECER

DEBUXANDO A PAISAXE