FESTA DE NADAL 2014



Estamos moi content@s porque tivemos boas notas. Nos esforzamos moito e agora vamos gozar dunhas merecidas vacacións PARABÉNS!!!!






PREPARANDO O NADAL 2014




Como cada ano preparamos a nosa aula con moito agarimo e sen perder o espírito de solidariedade que debemos ter nestas datas, en que tantas familias están pasando por malos momentos.

MONICREQUES : IVAN E O LOBO GRIS


Pasámolo moi ben coa obra de Monicreques IVÁN E O LOBO GRIS. Foi unha sorpresa este agasallo de Nadal. Parabéns!!!




25N: DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO



 Como cada ano conmemoramos o 25 de novembro contra a Violencia de Xénero, data na que todos os países do mundo lembran que o respecto ás mulleres debe de empezar na escola e na familia. Non o esquezades!!!

A GRANADA BAILARINA

 A Granada Bailarina
O grupo A Granada Bailarina,  que loita activamente contra o colesterol e defende a granada como froita con moitos beneficios para eliminar esta enfermidade, presentouse hoxe ante diferentes medios de comunicación. Mañá día 30 de outubro,fará unha interesante presentación na Televisión Galega no Colexio Plurilingüe de Andrade. Non volo podedes perder!!!

Para reivindicar o rico sabor da granada, tamén van participar na Festa da Froita Autóctona 2014 con varias receitas que anotamos seguidamente:
  • Marmelada de granada con churros (Claudia e Mauro)
  • Torta fría de granada (Aarón)
  • Piruletas de chocolate con sementes de granada(Carlos)
  • Torta de granada (Antón)                                                         
  • Bizcoito de granada (Alex)
  • Torta de queixo con marmelada de granada (Olga)
  • Madalenas con granada (Sara)





                                                                                       



PREPARANDO SAMAIN 2014

A nosa aula enchéuse de bruxas e esqueletes que nos teñen arrepiados....Que medo!!!!                   

Tende coidado cando pasedes por 2º, porque se escoitan berros infernais.....

ANIVERSARIO DE SOFIA E ANTON

Sofía e Antón recibiron a súa aperta de "osos amorosos" para celebrar o seu aniversario de SETE ANOS. FELICIDADES!!!!!

FROITAS DE OUTONO: A GRANADA



Estamos a piques de celebrar o Samaín e a tradicional Festa da Froita e este ano nós estamos a traballar a GRANADA porque é unha froita típica de outono que ten moitas propiedades boas para a nosa saúde. Estade atent@s que imos dar interesantes noticias!!!




 A milgranda é unha pequena árbore que pode alcanzar de 5 a 8 m de altura e pode vivir ata 200 anos. As súas follas son caducas e as flores son de cor vermella  con cinco pétalos 
O froito, a granada, ten pel grosa e coriácea de cor avermellada, dividida internamente en varios lóbulos que conteñen numerosas sementes, cuxo número pode oscilar entre unhas 200 e unhas 1.400  
 A granada é un froito rico en azucres, fósforo, calcio e ferro, vitaminas (A, B e C) e taninos. Este froito ten propiedades astrinxentes e antiinflamatorias. Tamén é ideal para persoas con anemia, arteriosclerosis, hipertensión e problemas estomacais, pero o máis importante é o seu poder contra o colesterol
Sábese que a milgranda se cultivou desde hai polo menos 5000 anos en Asia occidental e no Norte de África e hoxe o seu cultivo extendéuse por todo o mundo
COMEDE GRANADAS!!!

DESPEDIDA DE LEO




O noso compañeiro Leo marchou para Madrid e nos fixémoslle unha despedida con chuches e debuxos. Desexámoslle que sexa moi feliz no seu novo cole.
Ata sempre Leo!!!

INICIO DE CURSO 2014-2015


Benvid@s a un novo curso cheo sorpresas e novidades, como os tres novos compañeiros que chegaron ao noso equipo: Bruno, Mauro e Leo. Seguro que entre tod@s imos traballar moito e Aprender Xogando que é o noso lema,e non vos esquezades de que:
 TOD@S SOMOS ESPECIAIS!!!

FIN DE CURSO 2013-2014 CONVIVENCIA EN GUITIRIZ



Este ano adicamos a convivencia de fin de curso a facer un recorrido pola terra de Xosé María Díaz Castro, Guitiriz. Alí poidemos visitar a casa do homenaxeado polas Letras Galegas do 2014. Foi moi interesante e pasámolo moi ben xogando e compartindo c@s compañeir@as.

TEATRO NA ESCOLA

Tivemos unha actuación do Grupo de Teatro Ledo, que escenificaron fabulosamente a vida de un neno e unha nena ata que chegan a adultos. Non deixedes de ver o vídeo tan divertido que desta obra.

DIA DO LIBRO 2014

Hoxe, no noso cole, celebramos esta data tan especial cunha actividade relacionada coa lectura: O APADRIÑAMENTO LECTOR. A nós tocounos compartir cos nosos compañeiros e compañeiras de 5º que nos apadriñaron. Cada padriño ou madriña recibiron unha chapa identificativa e uns marcapáxinas para agasallar aos seus afillados ou afilladas. Grazas RAIOTECA FELIZ DÍA DO LIBRO!!!!!!

DIA DA POESIA 214


                  Este ano celebramos o Día da Poesía cunha actividade moi especial organizada por    RAIOTECA, fixemos un poema ao estilo Dadaista que foi todo un éxito






CASA DO MEL E EMBALSE DO EUME 2014


Aquí vos deixamos unha proba do ben que o pasamos na excursión que fixemos á Casa do Mel de Goente e ao Embalse do Eume.



8 DE MARZO. DIA INTERNACIONAL DA MULLER

Había unha vez un mozo ao que todo o mundo chamaba Cincento porque sempre estaba sucio. Pero é que limpaba chemineas, cociñaba, lavaba a roupa, varría, fregaba toda a louza, cosía, pasaba o ferro, sabía de pintura, sacaba o lixo, pero, ademais, axudaba á xente...

ENTROIDO 2014


 

DIA DE ROSALIA DE CASTRO



 Rosalía de Castro

O luns 24 de febreiro, celebramos o día de Rosalía.
Este ano o poema elixido foi Alborada, inspirámonos no libro-disco "Rosalía Pequeniña", na voz de Uxía e con ilustracións de Marina Seoane. 
Tamén cantamos e recitamos para a celebración deste día.
Deixámosvos unha mostra do noso traballo.




DIA DA AMIZADE 2014

No Recanto dos Contos celebramos o Día da Amizade e para esta ocasión tan especial, os do 1º ciclo fixemos a lectura do libro titulado "Ser amigos" Quedounos fenomenal, porque falar de amor e de amizade, sempre nos gusta.







CONCERTO "A BELA ADORMECIDA"












Fomos ver a A Coruña "A Bela Adormecida", ballet con música de Tchaikovski, que nos gustou moito. Olga e Jostin nunca estiveran no Palacio da Ópera e quedaron marabillados coas lámpadas, o grande que é, e vendo á Orquestra Sinfónica de Galicia que tocaba desde a parte baixa do escenario.
 Xa queremos volver!!!


     






DÍA DA PAZ 2014


O xoves 30 de xaneiro celebramos tod@s xunt@s o DÍA DA PAZ 2014 explicando por que celebramos este día e o seu significado. Despois fixemos unha presentación sobre a vida de Nelson Mandela, seguida dun cuestionario de preguntas.Tamén cantamos unha canción africana en honor a Mandela: "Jambo" Para rematar, cada curso explicounos o seu traballo en torno a unha das frases célebres de Mandela. Nós escollimos unha que nos encantou e que traballamos mediante debuxos fantásticos

 Son o dono do meu destino, son o capitán da miña alma.