TALLER DE CERÁMICA O CASTRO (SARGADELOS) 2012

Fixemos unha saída ao Taller de Cerámica de O Castro (Sargadelos)  tod o Primeiro Ciclo e gustounos moitísimo porque  vimos como fan as vaixelas e outras obras marabillosas. Como máis gozamos, foi facendo unha cunca que despois decoramos con cores moi bonitos.












DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Unha boa forma de comezar o novo curso, é celebrando o Día das Bibliotecas Escolares e especialmente volvendo á nosa querida Raioteca, que tanto botamos de menos durante todo o verán. Pero non vos preocupedes que agora hai moitos libros novos cos que emprender un novo camiño cheo de aventuras. Adiante, amiguiñ@s.... Un libro é un bo amigo!!!!