25N DIA INTERNACIONAL DA ELIMINACION DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER




Alex participou na obra "O Libro dos Porcos" 
para lembrar que a violencia contra mulleres e nenas é unha das violacións dos dereitos humanos máis xeneralizada. Celébrase cada ano no mundo:

Día Internacional da Eliminación da     Violencia contra Muller (25 de novembro). 



O UNIVERSO MÁXICO DE LEANDRO LAMAS



Leandro Lamas é un pintor novo pero con moito oficio e que nos encanta. Tivemos sorte de que nos viñera visitar e que compartira con nós un momento tan máxico como a súa obra. Agardamos que veña de cando en vez ao noso colexio. Grazas Leandro!!!


TALLER DE CERÁMICA O CASTRO (SARGADELOS) 2012

Fixemos unha saída ao Taller de Cerámica de O Castro (Sargadelos)  tod o Primeiro Ciclo e gustounos moitísimo porque  vimos como fan as vaixelas e outras obras marabillosas. Como máis gozamos, foi facendo unha cunca que despois decoramos con cores moi bonitos.












DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Unha boa forma de comezar o novo curso, é celebrando o Día das Bibliotecas Escolares e especialmente volvendo á nosa querida Raioteca, que tanto botamos de menos durante todo o verán. Pero non vos preocupedes que agora hai moitos libros novos cos que emprender un novo camiño cheo de aventuras. Adiante, amiguiñ@s.... Un libro é un bo amigo!!!!


 

BENVIDA AO CURSO 2012-2013

                                                         Un novo curso e tamén novos retos             que nos axudaran a crecer e prepararnos para a vida.

 Xunt@s andaremos un camiño cheo de sorpresas e moi divertido...Estades preparad@s? Claro que si!!! Pois adiante... Agora xa sodes @s novo@s alumn@s de 2º

 Benvid@s rapaciñ@s!!!!!                                                    



                                                        

BIBLIOTECA MUNICIPAL DE PONTEDEUME


Estivemos na Biblioteca Municipal, como cada ano, descubrindo todo o que nos ofrece "A Cátedra" durante o curso e tamén en verán.
Foi un momento de convivencia cos nosos compañeiros e compañeiras de segundo que nos gustou moito.

CONCERTO DA ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA 2012. A Coruña


Dentro do Festival Mozart 2012, tivemos a ocasión de asistir ao espectáculo Romeo y Julieta da compañía catalana PER POC, que xunto á Orquestra Sinfónica de Galicia, fixeron que o pasaramos moi ben.
A maxia das marionetas, que desenrolaron a acción sobre a música de Sergei Prokofiev, fixo una proposta moi visual e divertida para todos e todas.


SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2012






RAIOTECA: DIA DAS LETRAS GALEGAS 2012


Valentín Paz Andrade naceu o 23 de abril de 1898 en Lérez (Pontevedra) e morreu en Vigo o 19 de maio de 1987. Está enterrado no seu Lérez natal. Escolarizouse en Pontevedra e posteriormente estudiou a carreira de Dereito en Santiago. A partir de 1921 exerce de avogado en Vigo. Entre 1922 e 1926 dirixe nesta cidade o xornal Galicia. En 1934 é nomeado Secretario do Partido Galeguista, en substitución de Castelao.
Demostrou unha viva preocupación polos temas pesqueiros e pola problemática socioeconómica de Galicia. Impulsor de Pescanova, empresa da que foi vicepresidente, e técnico da FAO, foi o primeiro especialista español proposto por esta organización das Nacións Unidas para misións internacionais en Hispanoamérica. 
Poeta da Xeración de 1925. En 1955 escribe Pranto matricial, no que evoca a morte de Castelao. Tamén destacan as súas obras: Sementeira do vento (1968) e Cen chaves de sombra (1979)

CHARLA SOBRE HIXIENE DENTAL








Tivemos unha charla sobre HIXIENE DENTAL que foi moi interesante, pois aprendimos a importancia de manter os nosos dentes sans cunha boa hixiene e tamén que non podemos comer moitas chuches.....ainda que de cando en vez non importa, pero sempre temos que cepillarnos ben os dentes e a lingua despois de comelas.

DIA DO LIBRO 2012



Como cada celebramos o Día do Libro, que xa sabedes faise o día 23 de abril internacionalmente.

 A actividade que máis nos gustou foi:   ADIVIÑA QUEN SON,  porque mediante unhas pistas, poidemos decubrir moitos contos fantásticos que xa tíñamos lido.



Tamén este ano destacou HUGO como MELLOR LECTOR 2012 DE 1º. PARABÉNS!!!!!!

Non deixes de ver as Actividades que organizou RAIOTECA nunha data tan especial.
                                    
                                       FELICIDADES LECTOR@S!!!!!!!!

 ACTIVIDADES DIA DO LIBRO RAIOTECA

DÍA MUNDIAL DA POESÍA 2012. ADICADO ÁS MULLERES DO COLE



Marabilloso Día da Poesía que celebrou Raioteca, pois o adicou a todas as mulleres que traballamos no cole e foi realmente moi emotivo.

Noutras ocasións as nenas e nenos creamos poemas adicados ao noso cole, ás cousas da natureza, a persoas tan importantes como as nosas nais...pero este ano Raioteca se marcou un novo reto: Adicoulle o día da poesía 2012, ÁS MULLERES DO COLE. Por eso @s de 1º e 2º recitamos o poema: “Xogando, xogando” para as nosas profes: Graci e Cointa, que nos diron mileeesss de grazas e moitos bicos!!!!!!

CELEBRANDO O 8 DE MARZO CON GONZALO MOURE

O DIA INTERNACIONAL DA MULLER, tivo este ano unha participación moi interesante, pois recibimos ao escritor Gonzalo Moure, quen nos entusiamo coas súas maravillosas historias e co seu proxecto "Bubisher". Moitos de nós tivemos a sorte de que nos firmara un libro e todos disfrutamos das respostas que nos deu a tantas preguntas que lle fixemos. Agradecemos a RAIOTECA o seu esforzo para conseguir que Gonzalo estivera con nós nunha data tan importante.

24 de Febreiro, " DIA DE ROSALÍA DE CASTRO"



Iniciamos unha nova andadura, recordando o día do nacemento de Rosalía e para celebralo, Raioteca nos convocou a participar na lectura da súa biografia, baseada no libro: "Rosalia" escrito por Helena Villar Janeiro e ilustrado por Ánxeles Ferrer.
En cada ciclo fixemos o recitado dalgún dos seus poemas relacionados con momentos da súa vida. Aos alumnos e alumnas do primeiro ciclo tocounos recitar:

"Miña Santiña", "Iste Vaise e Aquel Vaise" e "Has de cantar"

ENTROIDO 2012



Este ano dedicamos O ENTROIDO a representar unha historia fantástica, a de KIRIKÚ E KARABÁ. Kirikú representa a un neno africano que con valentía logra liberar á súa tribo da bruxa Karabá. Despois de moitas aventuras, Kirikú se fai maior e namórase de Karabá, conseguindo liberala dunha espiña que facía que se comportase mal. Finalmente Kirikú e Karabá se casan e toda a tribo baila celebrando este momento.

O mandato dos MECOS fixo que leváramos gafas.... E non poidemos negarnos

MOCHILAS VIAXEIRAS


Como cada ano chegounos a nosa mochila viaxeira con dous libros de Gonzalo Moure: "Nacho Chichones" e "El oso que leía niños" que nos gustaron moito. O primeiro en levar a esperada mochila, foi Alejandro Filgueiras, que estaba moi contento de levala. Os demais esperan que lles chegue o turno, saboreando os chocolates que lles regalou Raioteca.


DIA DA PAZ 2012



Como cada ano participamos no Día Da Paz xunto con todo o colexio e foi unha actividade moi bonita. Cantamos bailamos e tamén comimos o chocolate, para celebrar unha data tan importante para tod@s. ¡¡¡¡ PAZ!!!!!

XOGOS TRADICIONAIS 2012




NA xornada de xogos tradicionais houbo corda, goma, tabas, peón, bolas, mariola, chapas e brilé. Participamos todo Primeiro Ciclo, compartindo con algunhas das nosas nais e pais. Desta volta no chegou a nada e quedamos desexando que se repita pronto.