DIA DA CONSTITUCION ESPAÑOLA 2011



 

Artículo 14


Los españoles son iguales ante la ley, sin que pueda prevalecer discriminación alguna por razón de nacimiento, raza, sexo, religión, opinión o cualquier otra condición o circunstancia personal o social.

DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 2011





NON AO MALTRATO DE NENAS E MULLERES NO MUNDO

KILOMETROS DE SOLIDARIDADE 2011 SAVE THE CHILDREN

Vivir na República Democrática do Congo non é fácil, aínda menos se eres un neno ou unha nena. A gran inestabilidade política e social sufrido polo país desde 1960, foi agravada por unha guerra civil que matou 3,9 millóns de persoas.
A maioría da poboación vive en extrema pobreza, carece de servizos básicos e a esperanza de vida é de 46 anos. Os nenos son aínda peores: 20,5 / 100 morre antes dos 5 anos. Save the Children traballa na área de Ituri, no nordeste do país, con proxectos de auga, saneamento, hixiene, saúde, nutrición e protección. Desde 2008, serviron 51.800 nenos en programas de saúde e atención primaria básicos, a través da vacinación, a alimentación de prevención da SIDA desnutridas ... Nós aportamos unha pequena axuda, para que estes proxectos vaian para diante

COMENDO GUINDAS. A CARÓN DO VERÁN 2011

LECTURAS COMPARTIDAS

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2011

LOIS PEREIRO, naceu en Monforte de Lemos e fixo en Madrid Ciencias Políticas e Socioloxía e foi en Madrid onde fundou a revista Loia con Antón Patiño, Manuel Rivas e o seu irmán Xosé Manuel Pereiro.
A súa vida foi moi complicada, sempre marcada pola enfermidade.
Solo publicou dous poemarios en vida, Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía última de amor e enfermidade (1995). En 1996, ano da súa morte, saíu á luz Poemas para unha Loia, que recolle obras da época madrileña, publicadas na revista Loia e de onde nós recollimos os versos adicados ao VERDE e ao MISTERIO.
Quede así o noso pequeno homaxe a Lois.

FESTA DOS MAIOS 2011

EXCURSIÓN Á GRANXA ESCOLA BELELLE

DEFENDEMOS A NATUREZA E AOS ANIMAIS

A GRANXA ESCOLA BELELLE foi o noso destino para celebrar a primavera e a chegada dos cambios tan marabillosos que se producen nesta estación do ano. Alí disfrutamos dos diferentes talleres e especialmente de animais como: os parrulos, galiñas, pavos reais, vacas, cabras, ovellas, coellos, burros e porquiños. Tamén andivemos en cabaliños e fixemos pan.
Foi un día que non esquenceremos.



RECICLATERRA 2011

Fantástica experiencia a que vivimos no Aula de Reciclaterra, onde nos enseñaron a facer unha folla de papel reciclado e moitas cousas máis sobre o lixo e a maneira de aproveitar moitas cousas.
A partires de agora, imos fixarnos máis en cómo tratamos a noso contorno.


NA SALA DE INFORMÁTICA


 
Estamos preparad@s para as novas tecnoloxías, pois cada día traballamos nos ordenadores na nosa aula, pero o que máis nos gusta, e que chegue o martes para ir á Sala de Informática, porque vemos o noso Blog e as novidades que temos no cole. Tamén traballamos recursos de Coñecemento do Medio e de outras materias que nos encantan.

DÍA DA PAZ 2011


 


O 30 de xaneiro conmemoramos o pasamento de Gandhi, quen foi asasinado no ano 1948. A   UNESCO conmemorou no ano 2000 o ano da Cultura de Paz. Desde entón loitamos contra a guerra e tódalas formas de violencia, para poder garantir os dereitos humanos

Imos dar un paso adiante nesta data tan importante, porque somos amig@s que se axudan sempre. O máis importante é o respecto.
Tod@s xunt@s podemos voar coma as nosas pombas da PAZ!!!

NADAL 2010


 
Tempo de paz e amor. 
Tempo de solidariedade e de amizade.
En Nadal non debemos esquecer que hai moita xente no mundo que pasa moitas necesidades e axudar aos demais sempre que podamos.


BO NADAL!!!

BIBLIOTÓMBOLA 2010




Radioteca fixo una fantástica festa este ano con motivo da Bibliotómbola, onde tod@s compartimos libros e ledicia.

Para nós a celebración inda foi máis especial porque a nosa Andrea Pardo recibiu unha medalla por ser a mellor lectora do 2010.

Parabéns, rapaciña!!!!



DIA INTERNACIONAL DA ELIMINACION DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

O 25 de novembro celebramos a data que desde o ano 1.999, conmemora a morte das tres irmás Mirabal na República Dominicana, como unha mostra mías da violencia contra as mulleres.


No Colexio representamos unha obra de teatro de Paloma Rodríguez: "O país dos Mandóns" que destaba o mundo negativo e violento no que viven moitas mulleres. Tamén fixemos na nosa clase un taller de debuxos  moi interesante, despois de falar sobre a importancia do respecto. Con todos eles xa creamos o noso primeiro libro, editado pola nosa editorial o TALLER DO LAPIS, que seguirá dando moitas sorpresas ao longo deste curso.