SAMAÍN 2010

Hai aproximadamente 2.600 anos chegaron a Galicia os pobos Celtas que nos trouxeron a súa cultura e as súas crenzas. Eles adoraban a moitos deuses: Dagda (deusa da bondade), Nuada (guerra), Bríxida (lume), Ogma (forza e literatura) Donn (morte), Lugh (sabiduría), As Morrigan (das batallas)…, que representaban tanto as forzas da natureza como as condicións do espírito. As súas festas coincidan coas estacións do ano, como é o caso do Samaín
A festa do Samaín era a data máis perigosa do seu calendario posto que o mundo dos mortos, o Outromundo, facíase accesible para os mortais, podendo pasar a formar parte del por culpa dun feitizo ou meigallo. Cando chegaban as celebracións do Samaín, os celtas colocaban unha velas rudimentarias no interior das caveiras dos inimigos mortos, colocándoas nos cruces de camiños, nos arredores e nas muradas dos seus castros, co obxecto de arrepiaren os inimigos.

Nós lembramos como cada ano esta sorprendente celebración cas nosas cabazas e disfraces metendo medo aos que viñeron vernos.