VISITA AO MUSEO ETNOGRÁFICO DA CAPELA

 En outono fixemos esta saída para coñecer o noso contorno na parte de Capela, visitando un Muiño no río Sesín, O Museo Etnográfico e a Casa do Mel.

Un día cheo de emocións, no que nos decatamos da beleza das nosas paisaxes e das tradicións dos nosos ancestros.


 Un pouco de Historia:


 No ano 1981 inicíase no CEIP “Mosteiro de Caaveiro” unha ” mostra permanente de obxectos recollidos polos alumnos nas suas casas, propios da cultura tradicional popular” , experiencia que resultou exitosa e gratificante, recoñecida e valorada por toda a comunidade educativa e veciñal e que pouco a pouco se foi extendendo fóra do Concello e da comarca, ata que rematou convertindose nunha importante Colección etnográfica incluída no censo de coleccións visitables da Conselleria de Cultura da Xunta de Galicia.
No ano 2001, o Concello da Capela e o CEIP Mosteiro de Caaveiro acordan a creación dunha asociación denominada “Patronato do Museo Etnográfico da Capela” coa fin de ser un valorizador integral do patrimonio cultural de A Capela; a este proxecto únense todas as asociacións veciñais, culturais, etc. pertencentes ao Concello, amais doutros socios particulares.

 A Casa do Pazo, é a sede central do Museo Etnográfico da Capela.  

O Parque etnográfico do Sesin abrangue unha zona de uns 800 m ao longo do rio Sesin, de forma que no seu percorrido se explican mediante paneis os diversos aproveitamentos tradicionais dos recursos das Fragas: os muíños de auga

o palleiro

COÑECENDO O NOSO CONTORNO

















Principio do Curso 2010-2011. Primerio Ciclo 2ºCurso de

Benvid@s ao curso 2010-2011

Un curso máis para aprender xogando e preparándonos para rematar o Primeiro Ciclo de Primaria.Coma sempre, traballaremos moito, pero non nos esquenceremos de fortalecer a amistade que nos une desde fai anos.
En este 2010-2011 temos dous novos compañeiros: Alex e Joaquím, así que somos dez con Iria, Andrea, David, María, Aldara, Aitor, Lucía e Uxía. Xa vos iremos contando moitas cousas. Bicos