Tod@s Somos Especiais
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Neste día tan especial e significativo, lembramos ás mulleres que deron un paso decisivo para acadar a igualdade. O noso curso presentou a IRENE GONZÁLEZ, a primeira muller futbolista:
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Neste día tan especial, no que cada curso recitou algúns dos grandes poemas desta inesquecible escritora, o noso compañeiro Alexandre foi o encargado de ler o poema II de ¡Terra a nosa! Podedes velo a partires do minuto 5:03:
Todos os nenos e nenas de 2º debuxamos o que este poema evocaba nas nosas mentes. Neste enlace están os nosos traballos: https://issuu.com/andrade/docs/2_
Enlace ao blog da biblioteca do cole: http://biblioandrade.blogspot.com.es/2018/02/24-de-febreiro-dia-de-rosalia_28.html

ENTROIDO
As Novas Tecnoloxías teñen un papel indispensable na nosa vida. Coa finalidade de comprendelas e entender mellor a súa evolución, foron o tema escollido do Entroido da nosa escola.
A continuación, podedes gozar do desfile e da actuación que fixemos cos nosos compañeiros e compañeiras de 1º curso. Esperamos que vos guste:
NADAL
Xa podemos revisar a actuación de Nadal na que colaboramos cos nosos compañeiros e compañeiras de 1º. Esperamos que vos guste:
OUTONO
Nestas datas, nas que pouco a pouco despedimos o Outono, compartimos con vós esta imaxe na que amosamos un pequeno mural que fixemos cos nosos compañeiros de 1º:
Premio Contos de Medo 2017
De excursión a Pontedeume
O pasado 28 de setembro fixemos unha moi divertida viaxe a Pontedeume cos nosos compañeiros e coas nosas compañeiras de Infantil e 1º Curso.
Asistimos á Casa da Cultura, onde tivemos a ocasión de ver unha orixinal e fascinante representación do conto de Pinocho. Tamén escoitamos con atención como traballan na Biblioteca Municipal, coñecimos o funcionamento de Correos e visitamos o Torreón.
Certamente, unha viaxe para lembrar:

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)